sábado, 10 de mayo de 2025

"MATILDA NO COLE"

 O xoves día 8 de maio celebrouse no noso cole o taller de primeiros auxilios "Matilda no cole", destinado ao alumnado de infantil.

En 3 grupos e acompañados dos seus "peluches" foron á biblioteca onde as enfermeiras Mónica, Norma, Elena e Ana con cancións, apoios audiovisuais e moita paciencia lles ensinaron como actuar ante unha emerxencia : comprobar se respira, posición de seguridade, chamada aos servizos de emerxencia, reanimación...

Unha grata experiencia que, de seguro, lles servirá no futuro.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA E POLAS ENSINANZAS!!!





COMPROBAMOS A RESPIRACIÓN










POSICIÓN DE SEGURIDADE














REANIMACIÓN Ó RITMO DE BOB ESPONJA

 
CANTAS COUSAS APRENDEMOS!!!

            

No hay comentarios:

Publicar un comentario