domingo, 16 de marzo de 2025

COLABORANDO CO MERCADILLO

Como xa sabedes, o alumnado do CEIP As Mercedes está preparando un mercadillo para reducir o custe das excursións de Fin de curso.

Os nen@s de 4 anos, esta semana, prepararon a súa aportación: BOTELLAS SENSORIAIS que eles mesmos fixeron e que nos axudan tanto cando a nosa cabeza está feita un lío.

Primeiro botamos auga, colorante e bolas de xel que previamente botamos en auga

Logo tocou purpurina, estreliñas, pezas de cores....

Que precisión para que non caese nada!!!

 Cando xa estaba todo dentro, botamos a auga que faltaba e pechamos a botella.

Xa estaba todo listo....
Só quedaba probar se funcionaba
Batemos forte e desfrutamos delas.
Os máis pequenos do cole colaboraron facendo uns chaveiros con masa e abalorios.
Primeiro amasaron e colocaron as formas



Logo tocaba poñer os abalorios e ensartar as pezas con moito coidado...


E a profe encargouse de poñer o enganche..



Listos para quen os queira mercar!!!

Por último, os maiores fixeron sal de cores
Durante uns días tiveron que raiar tizas de cores e mesturala con sal 


Logo con axuda dun funil botárona nas botellas pouco a pouco e elixindo as cores sen mesturalas
Fixéstelo xenial!!!


Logo pechámolas e traballo rematado




No hay comentarios:

Publicar un comentario