jueves, 5 de junio de 2025

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

 Comezamos a mañá un pouco intranquilos.... era un día especial...

Collemos as mochilas e saímos cara a parada de autobús


A viaxe foi rápida e entretida e chegamos ó noso destino con moitas ganas ...

Os monitores explicáronnos o que íamos facer, lavamos as mans e preparámonos para cociñar: masa, queixo, tomate e xamón...









Logo tocaba meter ó forno e en canto esperabamos, propuxéronnos facer un taller de sementes...
En equipos de cores, déronnos o material para plantar un chícharo, ordenamos as viñetas de crecemento dunha planta e buscamos polo invernadoiro e o xardín as pistas que tiña cada equipo.






















Ó rematar, de novo lavamos as mans e probamos a nosa pizza

ESTABAN DELICIOSAS!!!!





Tocaba volver ó autobús para ir a comer, aínda que despois desta merenda, non tiñan moita fame!!!

Fomos a comer ao CEIP Calvo Sotelo onde moi amablemente nos cederon a biblioteca para poder comer cómodos.




E só nos quedaba o parque...

Debido ás altas temperaturas, decidimos mudar o itinerario e fomos ao Parque Municipal de Carballiño e alí desfrutamos dun momento de xogo libre 




















Xa cansos de tanta troula, recollemos todo para voltar ó cole


Foi un día intenso pero portáronse xenial e, o máis importante, desfrutaron dun día de convivencia todos xuntos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario