sábado, 17 de mayo de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores asistimos ao Auditorio para desfrutar da obra "E entón, un xardín"e desta vez foinos un pouquiño máis cómodo porque aproveitamos para probar as novas rampas...


Xa de volta, subimos á biblioteca onde nos agardaba Pablo do Museo da Gaita de Barbadás con unha morea de instrumentos tradicionais.

Ensinounos o seu nome, como se tocan e desfrutamos do seu son.



Tamén Montse, a profe de música levou polas aulas: botellas, morteiro, cunchas, tixola con chave, asubíos, tamboril e panderetas... 



E xa o venres, unhas compañeiras de 5º de primaria amenizáronnos o patio con cantigas e pandereta 


... asistimos ao guiñol preparado polo alumnado de 3º de primaria


E desfrutamos dun concerto con dúas cantareiras, que amablemente nos ensinaron cantigas de tradición oral transmitidas de xeración en xeración.

Fixemos un xogo con tarxetas de cores e aproveitamos para facerlle preguntas.



MOITAS GRAZAS!!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario