O alumnado de 4 e 5 anos atoparon nestes días unha sorpresa na aula:
unha carta con mensaxe, un sobre con tarxetas de letras e unha misión...
Despois de cavilar quen sería o que nos deixou tantas pistas descubriron que era un león e algúns expresaron tamén telo visto pola nosa cidade.
Buscamos o escudo da cidade e vimos que aparece o león e unha ponte e aproveitamos para ver as pontes de Ourense: a ponte romana, do Milenio... e ata as debuxamos.
Quitaron as tarxetas e buscamos combinacións que nos puidesen valer para buscar o seu nome.
Puxemos en común o resultado do noso traballo e xuntos concluímos que era Martiño quen nos deixaba as misións co fin de coñecer mellor a nosa cidade.
Uns días máis tarde, apareceu unha nova misión: un crebacabezas dun lugar emblemático de Ourense e que se atopa moi preto do cole: a Praza do Ferro.
Todos foron capaces de recoñecela.
Seguiremos contando como van as nosas misións pola cidade de Ourense!!!





No hay comentarios:
Publicar un comentario