Desde o inicio de clases os encargados da aula tratan de debuxarse, comezando pola súa cara e engadindo logo outras partes do corpo.
Desta vez aproveitaron para facelo con diferentes materiais da aula e o resultado é fantástico.
Para aprender o vocabulario das partes do corpo empregamos cancións e o conto "Limón di" para que vexan as imaxes das partes e fagan asociacións.
E mesmo o noso encargado Teo tumbouse e puidemos pintar a súa contorna.
Logo decorámolo como máis nos gustou.
Falamos tamén das partes da cara e centrámonos no sentido da vista que nos permite ver formas, cores, tamaños... probamos a ver con diferentes elementos: espellos, prismáticos, caleidoscopios,.... e falamos da importancia dos coidados.









No hay comentarios:
Publicar un comentario