sábado, 7 de diciembre de 2024

COÑECENDO O NOSO CORPO

 Na aula de 4 anos están a traballar o corpo e despois de compartir os coñecementos previos animáronse a facer unha silueta e coloreala entre todos.


              De súpeto, un día aparece na aula unha caixa....  


Dentro había unha báscula e unha cinta métrica que nos serviron para pesarnos, medirnos, facer estimacións, traballar os números, conceptos matemáticos como maior e menor, táboas de dobre entrada...


Despois de traballar o nome das partes do corpo, comezamos cos sentidos. 
SENTIDO DA VISTA
Que divertido ver o mundo de cores!!!
 

Lupas, espellos, caleidoscopios e prismáticos ....obxectos relacionados coa vista 


 Non esquecemos a importancia dos coidados


Xogamos a movernos pola aula cos ollos tapados usando as mans ou guiándonos pola voz e tamén a recoñecer ós compañeiros


Xogamos ás sombras, a emparellar cores e con bloques
primeiro cos ollos tapados e comprobamos que non podíamos e logo sen os antefaces.


Esto axudounos a entender un pouquiño como se senten as persoas que non poden ver e aproveitamos para falar da cegueira e manipular uns libros en braille.


SENTIDO DO OLFACTO

Falamos dos aromas naturais e artificiais, tratamos de adiviñalos e buscamos os nomes nas tarxetas


SENTIDO DO GUSTO
Traballamos os sabores e probamos:
azucre, pera, sal, pan, limón, lima, laranxa e pomelo 




Xa só queda traballar o tacto e o oído...

Para traballar o tacto xogamos as adiviñas cos ollos tapados e obxectos da aula e fixemos unha man de texturas



E para traballar o oído escoitamos o son de diferentes instrumentos e construímos a nosa maraca



No hay comentarios:

Publicar un comentario