Seguimos a traballar o inverno e desta vez tocou a cor azul. Fixemos unha composición con distintos materiais desta cor, había que rasgar, cortar, pegar... canto traballo!!
Somos uns artistas!
No inverno podemos facer bonecos de neve e nós fixemos un para a nosa aula con esponxas
Tamén decoramos un coa nosa foto para a porta da aula.
Plantamos uns tulipáns e decoramos os envases. Botamos terra, auga e puxémolos nun lugar onde reciben luz para que poidan medrar.
Encargarémonos de regalos para que medren moito.
Fixemos xeo de cores mesturando auga e pintura.
E chegado o momento.... garabateamos libremente...Desfrutaron moitísimo!!!
Traballamos o conto de Elmer, a importancia de respectar o diferente e a letra E.
A profe Montse de 2º convidounos a ver as súas plantas...Están moito máis grandes que as nosas e puidemos ver as raíces, as flores, as follas...Foi unha experiencia fantástica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario