No mes de xaneiro estivemos traballando a reciclaxe
Tamén aproveitamos a semana da froita para facer compost para prantar un tulipán
Para prantalo fixemos unhas macetas
Estes días como fixo moito frío os nenos e nenas de 4 anos aproveitaron para colorear e conxelar auga. Despois aproveitamos o xeo para debuxar libremente e, por último, un fermoso cadro. Son uns artistas!
Tamén estivemos experimentando con bicarbonato e auga para facer neve, a verdade é que nos resultou superdivertido.
Aproveitamos tamén para facer uns bonecos de neve...Quedaron xeniais!
E para rematar, recordarlle aos papis o ben que estamos a comer a froita que nos reparten esta semana no cole...
No hay comentarios:
Publicar un comentario