domingo, 16 de marzo de 2025

ACTIVIDADE STEAM

STEAM é unha vía educativa divertida e atractiva que abarca 5 campos de aprendizaxe: ciencia, tecnoloxía, inxeniería, arte e matemáticas.

A aprendizaxe basada en STEAM anima ós nen@s a explorar o mundo que lles rodea, a probar cousas novas, a ser creativos e a facer preguntas desenvolvendo habilidades de pensamento lóxico para resolver problemas.

Seguindo esta liña, esta semana chegou unha sorpresa ás aulas de infantil...


Un robot que atende todas as nosas ordes e que temos que guiar para que chegue a onde queremos.



Aproveitamos para traballar conteo, orientación espacial, vocabulario, serie numérica...

Desfrutaron tanto del que volverá pronto con novas propostas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario