O 13 de novembro fai 22 anos que tivo lugar o afondamento do Prestige, unha catástrofe natural que danou considerablemente as nosas costas e toda a biodiversidade que nelas existía.
Para non esquecer a importancia de coidar o noso medio e as consecuencias que isto pode ter, no ciclo de infantil traballamos o conto" NUNCA MÁIS! A OLLADA DA INFANCIA", unha obra na que a través de poemas, acrósticos, adiviñas, debuxos e collages os nen@s van amosando as súas inquedanzas, os seus medos e as súas protestas, ata chegar a un final onde os cativos expresan os seus desexos para o futuro.
Un conto feito por nen@s e para nen@s.
Despois de escoitar o conto e ver imaxes do afondamento, das aves, das praias, do voluntariado... decidimos facer unha simulación do mar botando auga con sal nunha bandexa e tamén animais mariños.
Fixemos o "chapapote" mesturando cola, auga, bicarbonato, líquido de lentes de contacto e pintura negra.
E, como non, tivemos que tocalo...
Logo tocounos limpar como os voluntarios axudaron a limpar as praias...
E, por útimo recibimos a visita da profe Montse que nos contou a súa experiencia como voluntaria.
MOITAS GRAZAS MONTSE!
A mellor forma de aprender: xogando, experimentando e escoitando a voz dos protagonistas desta historia que agardamos non ocorra
NUNCA MÁIS!!!









No hay comentarios:
Publicar un comentario