No cole seguimos a traballar co outono e preparando a chegada do Samaín
Saímos ó parque en busca de follas para o noso cadro
Baleiramos unha cabaza coma a do conto
Aproveitando que estamos traballando o círculo, lemos o conto "El punto", un conto máxico co que desfrutaron os pequenos do cole. Experimentamos coas cores primarias e reproducimos modelos cos bloques lóxicos.
Preparamos a chegada do Samaín, enchendo as aulas de arañas, monstros, bruxas.....
Calquera momento é bo para traballar contidos matemáticos... os nen@s de 5 anos contaban e medían o papel hixiénico para montar a momia que adornará a súa porta.
E adornamos os corredores coas vasoiras elaboradas coas familias.
E quedounos así de fantástico.
Moitas grazas pola colaboración.













No hay comentarios:
Publicar un comentario