domingo, 17 de diciembre de 2023

O MEU LUGAR NO MUNDO

 Na aula dos maiores rematamos o proxecto "O meu lugar no mundo" onde traballamos a nosa contorna próxima comezando pola nosa casa, a nosa rúa ... e rematando pola nosa cidade e comunidade.

Comezamos traballando as estancias e elementos da casa e o noso enderezo:


                             






Despois tocou o noso cole e buscamos o seu lugar no plano da cidade e animámonos a facer nós un plano da Praza das Mercedes.



Buscamos o nome das rúas, observamos as tendas e establecementos, o mobiliario urbán e insistimos na necesidade de coidalo porque é para uso e desfute de tod@s e traballamos a orientación espacial pegando imaxes no noso plano.






Aproveitamos a saída para desfrutar un pouco do parque...





Feito o noso plano só quedaba debuxarnos para que quedase completo....




E, por último , vimos imaxes dos lugares máis emblemáticos da nosa cidade e situamos Ourense no mapa. Só quedaba plasmar o aprendido nun minilibro.











No hay comentarios:

Publicar un comentario