Os nen@s de 6º de EI durante esta semana experimentaron con diferentes materiais cedidos pola ONCE.
Unha morea de experiencias que, de seguro, non esquecerán.
Parchís, dados e libros en braille
Xogo de figuras xeométricas co nome en braille
Bastón, alfabeto e molde para letras
Aprendemos que para xogar usan unha pelota que soa e probamos a buscala cos ollos tapados.
Probamos a escribir a letra A con cravos
... e tamén na pauta e descubrimos que é moi similar ao punzón que usamos na aula
Vimos mapas, dominós, coñecimos a Braillín, un boneco que nos ensina as letras en braille e experimentamos como perciben as persoas con deficiencias visuais colocando unhas gafas especiais con diferentes niveis de visión.
Canto aprendemos!!!
Os nenos de 4º de EI aproveitaron para descubrir
"El libro negro de los colores", un libro ilustrado en relevo que supón unha experiencia sensorial única xa que se trata de descubrir as cores sen poder velas.








.jpg)








No hay comentarios:
Publicar un comentario