viernes, 12 de mayo de 2023

EXCURSIÓN A LODOSELO

...e chegou o gran día....

MARCHAMOS DE EXCURSIÓN!!!



Nada máis chegar estaban agardando por nós para contarnos todo o que íamos ver no pobo escola.


Primeiro fomos ao forno. Alí estaba Estela, que nos explicou como se facía o pan.




E puxémonos "coas mans na masa" para facer o noso bolo de pan.





Ao saír fomos ver os animais: as ovellas, os pitiños, coellos, Eo, o can, a burra Terra...



E demos un paseo en carro con Terra



Desfrutamos un pouquiño do parque


Marchamos a comer e ao rematar desfrutamos o conto " O carballo con botas" e plantamos o noso para levar a casa.


Antes de marchar voltamos ao forno para buscar o pan.
Ten unha pinta deliciosa.


Esperamos que tod@s o desfrutasen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario