domingo, 26 de febrero de 2023

COÑECENDO O CORPO


Un día calquera chegamos ao cole e atopamos algo que nos chama a atención!!!



  É o inicio dun novo proxecto sobre o corpo humano.
Xa sabemos o nome de moitas partes do corpo e repetímolas con cancións na asamblea pero tamén queremos coñecer como é por dentro.
Vimos os ósos que forman o esqueleto, o máis longo e o máis pequeniño, que función teñen, os músculos, o cerebro, os pulmóns....


Ata nos animamos a montar un esqueleto por pezas


Como podedes ver, o primeiro intento non foi moi acertado....Déronse conta que non se parecía moito ao que tiñamos na clase, que as orellas non teñen ósos, que as pernas son máis longas....e, sobre todo que nos sobraban pezas.

Pasados uns días tentámolo de novo




E desta vez, fixérono xenial


Tocamos, experimentamos e montamos pezas





CONTINUARÁ....

No hay comentarios:

Publicar un comentario