lunes, 24 de octubre de 2022

O OUTONO CHEGA AO CEIP AS MERCEDES


Celebramos a chegada do outono manipulando elementos naturais propios desta estación: landras, noces, follas, abelás, paus, bugallos....descubrimos texturas e ata fixemos música.



A profe Patricia trouxonos morogos e phisalis, probaron e algúns ata repetiron
 

Con todo este material de outono fixemos o noso recuncho de outono, un lugar para mirar, tocar, sentir e experimentar 


E unha vez todo colocado escolleron libremente o que quixeron para debuxalo e escribir o seu nome.


Adornamos o corredor cun mural de outono feito cos compañeiros de 3 anos. 
Nós traballamos os froitos de outono: buscamos o nome e coloreamos.
Fixemos unha seta e follas da estación.



O noso mural aínda segue en proceso pero xa vos amosaremos o resultado final.
Tamén colaboramos co Equipo de dinamización da lingua galega e fixemos un cartel para fomentar o uso do galego.


Celebramos o cumple de Carlo que xa ten 4 anos. 
PARABÉNS!!


En ocasións estamos un pouquiño alterados e cústanos seguir o ritmo, escoitar, centrarnos ... asique comezamos a practicar meditación durante uns minutos e así conseguimos calmarnos, centrar a atención, xestionar emocións, controlar a impulsividade.... Son moitos os beneficios e pouco tempo o que se precisa asique imos a instauralo como rutina.


Continuamos coa sesión de contacontos semanal cos compis de 3 anos. Desta vez tocou o conto "A que sabe a lúa?" e xa descubrimos a que lles sabía a lúa aos protagonistas do conto.


 Traballamos as figuras xeométricas de forma manipulativa. Primeiro clasificamos bloques lóxicos pola cor e pola forma e logo tocou construír por grupos con diferentes materiais.


Custounos un pouco poñernos de acordo pero este foi o resultado




Por último, seguimos a traballar a motricidade fina e desta vez con tesoiras no corredor.






No hay comentarios:

Publicar un comentario