Os nen@s de 3 anos seguimos a experimentar coas cores, desta vez facendo a cor verde e tamén a cor gris.
Celebramos o día das Letras Galegas coñecendo un pouquiño a Florencio Delgado Gurriarán, o autor ourensán homenaxeado este ano. Fixemos actividades na PDI e escribimos palabras en galego nos cristais do cole.
Un día.... no cole apareceron uns vermes...
Vimos que comen follas de moreira e que comen moito, moito.
Unha das nosas visitas vimos que fixeron unha casiña e como escoitamos o conto "La oruga glotona" xa sabemos que estará dúas semanas e logo convertirase en bolboreta.
De seguro cando volvamos os nosos vermes serán fermosas bolboretas!!!!
Aproveitando o conto "El zapatero y los duendes" traballamos as parellas e a actividade consistía en descalzarse, buscar a súa zapatilla e poñelas de novo. Para algúns foi tarefa complicada. Sería bo deixalos que o fagan de forma autónoma.
Para rematar co tema das emocións, falamos sobre que facer cando estamos nerviosos, enfadados ou feitos un lío e unha das cousas que nos poden axudar a volver á calma é unha Botella da calma. Asique fixemos unha por se a precisamos nalgún momento.
E, por último, só contarvos que nos encanta saír ao parque!!!
É o lugar ideal para traballar a motricidade, as habilidades sociais e a cohesión grupal.


























No hay comentarios:
Publicar un comentario