domingo, 24 de abril de 2022

NO MES DE ABRIL...

 

Un día apareceron na aula uns instrumentos de percusión.... tocamos, manipulamos, fixémolos sonar e xogamos con eles facendo unha orquestra improvisada. 







Continuamos a traballar as emocións, desta vez coa PDI, identificando as emocións e colocándoas nos tarros correspondentes





E tamén con caras imantadas e fotos reais













O día 2 de abril celebramos o Día de concienciación do Autismo asistindo á biblioteca para ver o audioconto "O cazo de Lorenzo", un fantástico conto que narra as dificultades dun neno con autismo no seu día a día. Falamos das cousas que nos resultan complicadas e daquelas que nos fan felices e da importancia das persoas que nos axudan para que a nosa vida sexa máis fácil e fixemos un debuxo baixo o lema " Unha feliz viaxe pola vida"









Aínda que estabamos moi pouquiños na aula, felicitamos a Izan polo seu cumple. Xa ten 4 anos!!!







Preparamos as portadas dos nosos traballos e tamén as bolsas para levalos.











Experimentamos coas cores.... Vermello, azul, amarelo e papel absorbente.... Que pasará????






Á volta de vacacións comezamos novo proxecto "Os contos" e aproveitamos para inicialo falando do seu conto preferido, actividade promovida pola biblioteca. Moitas grazas pola participación, xa están expostos nos corredores do cole.







O seguinte paso foi a presentación do primeito conto: "Os tres porquiños". Escoitamos o conto, dramatizamos, comezamos co número 3 e decoramos as casiñas con materiais de diferentes texturas 



 







Outro día máis!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario