Os nen@s de 3 anos colaboramos tamén na elaboración de máscaras para expoñer nos corredores. Tocounos a mázcara de Manzaneda e xa está exposta xunto coas elaboradas polos outros cursos.
O xoves desfrutamos da actuación de percusión dos compañeiros de primaria. Había moitos nen@s, barullo, música ... pero despois dos nervios iniciais e dalgún que outro choro conseguimos desfrutar da actividade.
Alí estaban dúas máscaras tradicionais do entroido galego: o merdeiro e a pita de Eiroás
Logo degustamos as orellas, un doce típico do Entroido
E, por último, despedímonos da profe Andrea que remata as súas prácticas dándolle as GRAZAS pola súa axuda incondicional e o seu bo facer.
Ela deunos uns agasallos e nós quixemos corresponderlle cuns debuxos.
Foi moi emotivo e imos notar a túa falta, sempre serás benvida.
MOITA SORTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario