viernes, 24 de diciembre de 2021

TEMPO DE NADAL

 Os nen@s de 3 anos recibimos o Nadal decorando a nosa porta. Primeiro toca facer bolas de papel de xornal para facer uns caramelos para a nosa porta, tamén pintamos uns pratos de cartón e puxémonos ben guapos para fotografiarnos para a ocasión...



Pintamos unha árbore de nadal cos compañeiros de 4 anos e colocamos figuras de plasti e unha bola coa nosa foto.


Colgamos as nosas casiñas no mural....








Escribimos a carta a Papá Noel, buscamos o que máis nos gusta, os nosos nomes, metimos no sobre, puxemos o selo e ao buzón....





















Un día, no corredor do cole..... unhas pegadas....



Despois de descartar que non eran da profe, descubrimos que chegaban á biblioteca...
Alí un elfo contounos que o Grinch empurrou a Papá Noel e rompeu unha perna e..... como repartiría os agasallos???
Pois axudámoslle a chamar a uns amiguiños: o Apalpador, o Olentzero, o Esteru.... e así conseguimos salvar o Nadal.









Para despedir o trimestre preparamos unha canción.... Estabamos un pouco nerviosos pero fixémolo moi ben!!!






E despois de tanto traballo tomamos un chocolate quentiño para repoñer forzas



Os nen@s de 3 anos despedímonos ata o vindeiro ano desexando a tod@s 
 BO NADAL!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario