sábado, 20 de noviembre de 2021

TEMPO DE MAGOSTOS....

 O venres 12 de novembro celebramos o magosto no cole. Pintamos unha castaña, decoramos o cucurucho con gomets e o noso nome e xogamos moito...con aros seguindo o ritmo do pandeiro, afinando o noso tiro para encestar na caixa e buscando as castañas agochadas.










Tamén nestes días comezamos a xogar co noso nome: a recoñecelo entre os outros, a buscalo pola aula, a ver cantas letras ten, a montalo con letras, a escribilo "ao noso xeito", a recoñecer a inicial...
















No hay comentarios:

Publicar un comentario