lunes, 1 de noviembre de 2021

NO MES DE OUTUBRO NA AULA DE 3 ANOS...

 Continuamos a descubrir o noso cole e os materiais de cada recuncho de traballo. Xa vimos como se chama o cole e experimentamos con diferentes materiais...Algúns precisan que nos concentremos moito....















Chegou o outono e pintamos a nosa árbore de outono, as follas de cores, aprendimos o vocabulario da estación, visitamos a exposición do cole e traballamos coa caixa sensorial de outono: tocamos, ulimos, seriamos elementos, agrupamos... e fixemos a nosa primeira mandala con elementos naturais.













Celebramos o cumple de Max e Carlo, que xa teñen 3 anos. Parabéns pequenos!



E participamos na decoración de Samaín...Fixemos unhas pantasmas para poñer no mural do cole....quedaron fantásticas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario