![]() |
![]() |
![]() |
E da mesma forma que vimos como collen o polen coas patas, tamén vimos como chupan coa súa lingua o néctar co que despois farán o mel e como o levan no buche ata a colmea. E eles intentaron chupar o néctar e transportalo tamén, aínda que lles costou bastante porque estaba moi rico e bebíano.
Despois vimos nun video como as abellas que encontraban flores llo comunicaban ás outras abellas da colmea, e xogamos na clase representando a danza das abellas (en forma de círculo se está cerca ou en forma de oito se está lonxe)
E como gran sorpresa final puidemos coñecer de primeira man o traballo dun apicultor e as ferramentas que utiliza (o traxe, o afumador, o peine de desopercular...)
Tamén nos explicou as diferenzas entre abellas e avispas, ensinándonos varios exemplares para que os nenos e nenas aprendan a distinguilos polo tamaño e as cores.
Ensinounos unha colmea por dentro e os ´´cadros´´ cos panais.
Esta pequena de 4 anos cun peine desoperculador, clavando para ver se sae mel.
![]() |
Ensinounos unha colmea por dentro e os ´´cadros´´ cos panais.
Esta pequena de 4 anos cun peine desoperculador, clavando para ver se sae mel.
E o apicultor co coitelo explicando como sacar a cera e como obter o mel
Os peques ´´apicultores´´ preparados para o gran momento.... aparecen as abellas!!!!
![]() |

Aqui ven un panal no que están as crías, os ovos e as larvas onde despois sairán novas abelliñas e outro panal onde están facendo mel




















No hay comentarios:
Publicar un comentario