domingo, 21 de marzo de 2021

Día do pai

A principios de febreiro, o alumnado de infantil plantou as sementes de Iris, que levamos coidando para que estivesen listas para o día do Pai. Agora xa están na casa a punto de botar as súas flores.


Despois fixeron o retrato dos seus pais, e no caso dos pequenos escribiron con selos os nomes,e os maiores escribironlle unha pequena dedicatoria.

Por último, fixemos uns bloc de notas imantados (de osiños ou minions) para colocar nas neveiras e poder anotar todas as cousiñas que se nos ocurran. 






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario