viernes, 11 de noviembre de 2022

PROTAGONISTA DA SEMANA

 Na aula de 4 anos comezamos un proxecto no que os nen@s serán os protagonistas durante unha semana.

O noso primeiro protagonista foi Javier. Contounos moitas cousas sobre el e a súa familia, compartiu con nós os seus xogos, xoguetes e contos e recibimos a visita dos seus pais que nos trouxeron unha sorpresa moi especial: un conto de bombeiros, unha canción, moitas explicacións do seu complicado e importante traballo, un casco fantástico que puidemos probar e un agasallo para cada un.

MOITAS GRAZAS FAMILILA!








No hay comentarios:

Publicar un comentario